Comunicado en gallego

O pasado 4 de novembro de 2015, 6 integrantes do colectivo Straight Edge Madrid foron detidxs e acusadxs por parte do tribunal de expeción da Audiencia Nacional. Durante a súa detención vulneráronse os seus dereitos como detidxs. O seu único crimen é a súa ideoloxía anarquista, vegana e en contra de todo tipo de drogas. O seu traballo coñécese por facer xornadas antiespecistas e festas libres de drogas nas que se fomenta un ocio alternativo e saudable para a xuventude. A raíz desta operación represiva catro persoas saíron en liberdade con cargos, con fianzas entre os 3.000 e os 10.000€, e outras dúas persoas ingresaron en prisión preventiva sen fianza. Unha delas foi Nahuel, que actualmente segue secuestrado polo Estado en Réximen F.I.E.S. 3 articulado (destinado a persoas perigosas ou confliticas). A súa estancia en prisión está marcada pola excepción, permaneceu en illamento durante 30 días, non lle permiten levar unha dieta libre de ingredientes de orixe animal, con traslados que foron comunicados ao preso con menos de 24 horas de antelación, e cuxo obxectivo non é outro que a desconexión e inadaptación de Nahuel. Así como a redución das súas chamadas, o control das comunicacións e incluso a prohibición de usar o ximnasio. Até mediados de decembro o proceso estivo baixo segreto de sumario, o que implicou unha vulneración no dereito á defensa xudicial, por non ter xs avogadxs coñecemento do que eran acusadxs. Mentres os medios de comunicación do Réxime, tiñan acceso a información da que nin xs acusadxs nin xs seus avogados podían acceder. Actualmente o caso está en proceso de instrucción polo que a investigación segue aberta. A operación ICE contra SXE Madrid é unha máis das que nos últimos anos se realizaron contra a mocidade comprometida co cambio social. Existe unha clara persecución ideolóxica contra a disidencia e estamos segurxs da inocencia dxs imputadxs. Por todo isto pedimos que a liberdade de Nahuel e a absolución de todo o resto de implicadxs no caso. 


NAHUEL LIBERDADE 
LIBERDADE PRESXS POLITICXS
 ABSOLUCIÓN ENCAUSADXS POR LOITAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada